Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Filoxenia

Definición:

Termo que designa o estudo diacrónico do desenvolvemento e evolución condutual e cognitiva dunha sociedade e dos cambios que sofre ao longo da historia. Dentro do campo da lingüística, a filoxenia céntrase no estudo do desenvolvemento histórico da lingua nunha comunidade de falantes. A filoxenia é, xunto coa ontoxenia, un aspecto da lingüística diacrónica, aínda que ambos os termos foron tomados da Bioloxía.

A filoxenia ocúpase de estudar o cambio lingüístico ao longo da historia dunha lingua determinada nos distintos niveis da mesma: morfoloxía, sintaxe, fonética e fonoloxía e semántica. A disciplina lingüística que se encarga de estudar estes procesos de cambio filoxénico é a lingüística histórica

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hockett, C. F. 1958. A Course in Modern Linguistics. New York: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Filogenia
Inglés: 
Phylogeny
Francés: 
Phylogénie
Alemán: 
Phylogenese
Italiano: 
Filogenesi
Polaco: 
Filogeneza
Portugués: 
Filogenia
Ruso: 
Филогения
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/filoxenia, con data de acceso 06/12/2024).