Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Fiabilidade polo método de división en metades

Definición:

En exames e estatística, é un dos procedementos empregados para calcular a fiabilidade da coherencia interna dunha proba (outros métodos son, por exemplo, os coeficientes de fiabilidade de kuder-richardson ou o Coeficiente alfa de Cronbach). Neste caso, trátase de determinar ata que punto as dúas metades dunha proba son coherentes entre si, para o que se tratan como probas paralelas. O procedemento consiste, en primeiro lugar, en dividir a proba en dúas partes equivalentes e independentes, cada unha coa súa puntuación (por exemplo, preguntas pares e impares, ou dúas metades comparables en contido). A continuación calcúlase o coeficiente de correlación entre ambas as dúas puntuacións, por exemplo, empregando a fórmula do coeficiente de correlación produto-momento de Pearson. Dese modo obterase unha medida da coherencia das metades. Para achar a fiabilidade da proba enteira adóitase recorrer á fórmula de Spearman-Brown, que consiste en multiplicar por dúas a fiabilidade parcial calculada e dividir o resultado entre esa fiabilidade parcial máis un.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Lado, R. 1972. Language Testing. The Construction and Use of Foreign Language Tests. London: Longman. 7th impression.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Fiabilidad por el método de división en mitades
Inglés: 
Split-half Reliability
Francés: 
Fiabilité par division en moitiés
Alemán: 
Halbierungs-Reliabilität
Italiano: 
Affidabilità della spartizione di test
Portugués: 
Fiabilidade split-half
Ruso: 
Метод расщепления
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/fiabilidade-polo-metodo-division-metades, con data de acceso 29/03/2024).