Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Hipótese do filtro afectivo

Definición:

Esta hipótese está relacionada coa teoría do monitor formulada por Krashen. Segundo esta hipótese, os factores actitudinais permiten ao aprendiz entender e utilizar o aducto que escoita, aínda que ha de estar aberto á recepción dese aducto. A presenza dun filtro afectivo determina este proceso. Os aprendices cuxo filtro afectivo é elevado admiten a entrada dun aducto menor, co que a súa adquisición da lingua é máis pobre cá dun aprendiz cun filtro afectivo máis baixo. Os factores actitudinais son os que condicionan, de acordo con esta teoría, o estado deste filtro afectivo. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dulay, H. & Burt, M. 1974. “You can’t Learn without Goofing”, in Richards, J. C. (ed.). Error Analysis. London: Longman, pp. 95-123.

Krashen, S. D. & Terrel, T. D. 1983. The Natural Approach: Language Acquisition in the Classroom. Hayward, CA: The Alemany Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Hipótesis del filtro afectivo
Inglés: 
Affective filter hypothesis
Francés: 
Hypothèse du filtre affectif
Alemán: 
Hypothese des affektiven Filtres
Italiano: 
Ipotesi del filtro affettivo
Polaco: 
Hipoteza filtru afektywnego
Portugués: 
Hipótese do filtro afetivo
Ruso: 
Гипотеза аффективного фильтра
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/hipotese-filtro-afectivo, con data de acceso 27/04/2024).