Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Prácticas de ensino

Definición:

Tamén prácticas docentes.

No campo da formación do profesorado este termo designa o contexto no que o futuro docente, baixo a supervisión dun profesor experimentado ou un formador de profesores, imparte docencia a un grupo de estudantes. A través destas prácticas o novo docente desenvolve técnicas didácticas, pon en práctica as teorías que estudou, aprofunda na teoría mediante o contacto real que ten cos estudantes prestando atención á forma na que aprenden e, para rematar, adquire a experiencia docente básica.

As prácticas de ensino pódense desenrolar das seguintes formas:

  1. Como membro dun grupo de docentes en prácticas que imparten clase a estudantes voluntarios nun grupo que se constituíu especialmente para as prácticas de ensino.
  2. Como profesor en prácticas que traballa en colaboración cun docente experimentado. Ás veces observa a súa clase, outras veces traballa cun grupo reducido de alumnos, e nalgunhas ocasións ensina a toda a clase. Cando imparte docencia, pode tratarse dunha unidade didáctica illada ou abarcar un trimestre ou semestre enteiro. En todo momento recibe a supervisión e o apoio do profesor/a-titor/a.
  3. Para rematar, pódense realizar prácticas de ensino como docente, con algunha ou ningunha experiencia. O docente fórmase ao tempo que está a traballar, ensinando aos seus propios discentes.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.

Richards, J. C. & Nunan, D. (eds.). 1990. Second Language Teacher Education. Cambridge; New York: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Prácticas de enseñanza
Inglés: 
Teaching practice
Francés: 
Pratiques d'enseignement
Alemán: 
Unterrichtspraktikum
Italiano: 
Tirocinio
Polaco: 
Praktyka nauczycielska
Portugués: 
Práticas de ensino
Ruso: 
Учебная практика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/practicas-ensino, con data de acceso 19/09/2024).