Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Supervisión

Definición:

Na formación do profesorado, seguimento e avaliación do docente en prácticas. Decotío, a persoa encargada deste cometido, ou supervisor, desempeña o papel de titor e avaliador. Nalgúns programas de formación, este ofrece axuda e apoio na fase de preparación de clases; noutras ocasións a función do supervisor limítase á observación das sesións prácticas e á crítica construtiva sobre o observado. No caso de que o supervisor traballe como asesor, debe fomentar o desenvolvemento individual de cada profesor e estimular a práctica da autoavaliación por medio da reflexión e a autoobservación.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.

Marzano, R.J., Frontier, T. & Livingston, D. 2011. Effective Supervision. Alexandria: ASCD

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Supervisión
Inglés: 
Supervision
Francés: 
Supervision
Alemán: 
Supervision
Italiano: 
Supervisione
Portugués: 
Supervisão
Ruso: 
Руководство / супервизия
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/supervision, con data de acceso 14/09/2024).