Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino de estratexias

Definición:

Iniciación do alumnado ao emprego de estratexias de aprendizaxe co fin de axudarlle a mellorar o estudo e coñecementos da L2. Entre os distintos tipos de ensino de estratexias atópanse os seguintes:

  1. Ensino directo ou explícito. Explícase ao alumnado o valor e propósito de estratexias concretas así como o seu uso.
  2. Ensino dependente. O ensino de estratexias aparece integrado dentro do contido doutras áreas como as Ciencias ou as Matemáticas.
  3. Ensino combinado. Combinación dos dous tipos de modalidades anteriores.

O’Malley e Chamot (1990) resumen en dous grandes grupos o ensino de estratexias de aprendizaxe:

  1. Instrución separada fronte a instrución integrada. Discútese se o ensino da segunda lingua debe limitarse ás estratexias de aprendizaxe ou debe integrarse na aula.
  2. Instrución directa fronte a instrución incrustada. Na primeira exponse aos estudantes o propósito do ensino de estratexias, mentres que na segunda preséntanselles e ensínanselles os recursos necesarios para chegar ao uso de estratexias, aínda que non se lles explican as razóns polas que se os adestra nas mesmas.

Outros aspectos destacables no ensino de estratexias son os seguintes: a implementación do seu ensino, o desenvolvemento e adaptación dos materiais de ensino conducentes á súa instrución, a inclusión de métodos de ensino destinados a cubrir as necesidades de estudantes concretos e a identificación do nivel de aptitude lingüística do que debe partir o propio ensino de estratexias.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Ellis, G. & Sinclair, B. 1990. Learning to Learn English. Cambridge: Cambridge University Press.

Oxford, R. L. 1990. Language Learning Strategies. What Every Teacher Should Know. Rowley, Mass.: Newbury House.

O’Malley, J. & Chamot, A. 1990. Learning Strategies in Second Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.

Wenden, A. & Rubin, J. (eds.) 1987. Learner Strategies in Language Learning. Englewood Cliffs, N J: Prentice Hall.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza de estrategias
Inglés: 
Strategy training
Francés: 
Enseignement de stratégies
Alemán: 
Strategietraining
Italiano: 
Insegnamento delle strategie di apprendimento
Portugués: 
Ensino de estratégias
Ruso: 
Стратегическое обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino-estratexias, con data de acceso 07/12/2024).