Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aptitude lingüística

Definición:

Capacidade natural para aprender unha lingua. Constitúe un factor relevante que facilita a aprendizaxe da segunda lingua e está estreitamente relacionado con outros factores como a motivación, a actitude ou a intelixencia. Ás veces, por exemplo, é difícil distinguir entre aptitude lingüística e intelixencia. Existen tests para medir a aptitude lingüística como o MLAT (Modern Language Aptitude Test) ou o PLAB (Pimsleur Language Aptitude Battery). De acordo con Carroll (1962), adoitan distinguirse catro dimensións na aptitude lingüística:

  1. a habilidade para percibir e codificar sons da lingua estranxeira;
  2. a capacidade para recoñecer as categorías e funcións gramaticais das palabras na oración;
  3. a habilidade para identificar relacións entre formas e significados; e
  4. a capacidade para establecer e recordar asociacións, especialmente na aprendizaxe do vocabulario.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Carroll, J. B. & Sapon, S. 1959. Modern Language Aptitude Test-Form A. New York: The Psychological Corporation.

Carroll, J. B. 1962. "The Prediction of Success in Intensive Foreign Language Training", in Glaser, R. (ed.). Training, Research and Education. New York: Wiley and Sons, pp. 87-136.

Carroll, J. B. 1981. "Twenty-five Years of Research on Foreign Language Aptitude", in Diller, K. (ed.). Individual Differences and Universals in Language Learning Aptitude. Rowley, Mass.: Newbury House, pp. 83-118.

Horwitz, E. 1987. “Linguistic and Communicative Competence: Reassessing Foreign Language Aptitude”, in Van Patten, B., Dvorak, T. R. & Lee, J. F. (eds.). Foreign Language Learning: A Research Perspective. Cambridge, Mass.: Newbury House/Harper and Row, pp. 146-157.

Pimsleur, P. 1966. Pimsleur Language Aptitude Battery (PLAB). New York: Harcourt Brace Jovanovich.

Skehan, P. 1986. “Where does Language Aptitude Come from?”, in Meara, P. (ed.), 1986. Spoken Language. London: Centre of Information on Language Teaching, pp. 95-113.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aptitud lingüística
Inglés: 
Language aptitude
Francés: 
Aptitude linguistique
Alemán: 
Sprachlerneignung
Italiano: 
Attitudine linguistica
Polaco: 
Zdolności językowe
Portugués: 
Aptidão linguística
Ruso: 
Лингвистическая способность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aptitude-linguistica, con data de acceso 07/12/2024).