Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Proba de aptitude lingüística

Definición:

Proba deseñada para predicir a capacidade xeral dunha persoa para aprender unha lingua dada, e, xa que logo, as súas posibilidades a priori de levar a cabo con éxito tal aprendizaxe. As probas de aptitude lingüística son independentes da segunda lingua da que se trate, polo que son predictores do éxito en calquera lingua. As teorías que defenden o uso destas probas parten da hipótese de que as habilidades cognitivas como a memorización, a codificación de sons (capacidade de identificar e recordar os sons dunha lingua), o recoñecemento de analoxías gramaticais, e a aprendizaxe dedutiva (capacidade de pescudar os significados dunha lingua nova) están relacionadas co talento ou capacidade individual para aprender unha lingua e constitúen, no seu conxunto, a aptitude lingüística dun falante.

Dúas probas de aptitude lingüística estandarizadas para a lingua inglesa son o Modern Language Aptitude Test e o Pimsleur Language Aptitude Battery.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Carroll, J. B. & Sapon, S. 1959. Modern Language Aptitude Test-Form A. New York: The Psychological Corporation.

Carroll, J. B. 1981. "Twenty-five Years of Research on Foreign Language Aptitude", in Diller, K. (ed.). Individual Differences and Universals in Language Learning Aptitude. Rowley, Mass.: Newbury House, pp. 83-118.

Pimsleur, P. 1966. Pimsleur Language Aptitude Battery (PLAB). New York: Harcourt Brace Jovanovich.

Skehan, P. 1986. “Where does Language Aptitude Come from?”, in Meara, P. (ed.), 1986. Spoken Language. London: Centre of Information on Language Teaching, pp. 95-113.

Skehan, P. 1989. Individual Differences in Second Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Proba de aptitude lingüística
Inglés: 
Language aptitude test
Francés: 
Épreuve d'aptitude linguistique
Alemán: 
Spracheignungstest
Italiano: 
Test di attitudine linguistica
Portugués: 
Teste de aptidão linguística
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/proba-aptitude-linguistica, con data de acceso 12/12/2019).