Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe dedutiva

Definición:

Aproximación ao ensino de linguas na que se lle proporciona ao alumno toda unha serie de regras gramaticais para a súa posterior aplicación no uso normal da lingua. A modo de exemplo, podemos pensar nunha situación na que o docente presenta a formación do presente simple en inglés: I want, you want, he/she/it wants, we want, you want, they want. O profesor explica como se constrúe o presente simple ou habitual dun verbo coa forma base, excepto na terceira persoa do singular, á que se engade o morfema [-s]. Posteriormente, o discente porá en práctica esta regra en casos semellantes.

A aprendizaxe de carácter dedutivo ou por dedución contrasta con aquela de natureza indutiva na que, dalgún xeito, se produce o proceso inverso: o alumno observa o funcionamento da lingua e el mesmo, ou cunha pequena axuda por parte do profesor, vai descubrindo as regras. A aprendizaxe de carácter dedutivo é máis frecuente en metodoloxías nas que o discente ocupa un lugar máis ou menos secundario como pode ser o método da gramática e tradución, mentres que a aprendizaxe indutiva tende a ser máis común en aproximacións ao ensino da lingua na que o alumno adquire un maior protagonismo, tal como ocorre no enfoque comunicativo e no ensino por tarefas.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Stern, H. 1983. Fundamental Concepts of Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.

Ur, P. 1998. Grammar Practice Activities. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aprendizaje deductivo
Inglés: 
Deductive learning
Francés: 
Apprentissage déductif
Alemán: 
Deduktives Lernen
Italiano: 
Apprendimento deduttivo
Polaco: 
Nauka dedukcyjna
Portugués: 
Aprendizagem dedutiva
Ruso: 
Дедуктивное обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-dedutiva, con data de acceso 29/03/2024).