Fry, E. 1965. Teaching Faster Reading. Cambridge: Cambridge University Press.
Ritmo seguido no acto de ler. Os factores que determinan e inflúen na velocidade con que le unha persoa son os seguintes:
- o tipo de texto;
- os obxectivos do lector (por exemplo, se se le unha novela por pracer ou unha revista técnica para obter información específica);
- o nivel de comprensión que se precisa (extraer as ideas principais ou comprender o texto completo), e
- as habilidades ou estratexias individuais de cada persoa.
A medición da velocidade de lectura non ten sentido se non se considera tamén o nivel de comprensión. Os bos lectores non len palabra por palabra, senón que fixan a súa atención en varias palabras a un tempo e son quen de organizar un texto en unidades de sentido, cada unidade á súa vez composta de varias palabras e lida a través dunha soa fixación dos ollos.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.