Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Variedade non nativa

Definición:

Variedade dunha lingua empregada por aquelas persoas que a aprenderon como segunda lingua ou como lingua estranxeira. A aprendizaxe das segundas linguas e das linguas estranxeiras adoita restrinxirse á contorna formal da escola en países nos que o contacto con falantes nativos que poidan servir de modelo é escaso; por esta razón prodúcese xeralmente un proceso acusado de interferencia da lingua nativa. Isto explica que as variedades empregadas por falantes non nativos carezan a miúdo da exactitude e fluidez das variedades nativas, ademais de presentar certos trazos particulares de pronuncia, léxico e gramática

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Kachru, B. B. 1986. The Alchemy of English: The Spread, Functions, and Models of Non-Native Englishes. Oxford: Pergamon Institute of English.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Variedad no nativa
Inglés: 
Non-native variety
Francés: 
Variété non-native
Alemán: 
Nicht-muttersprachliche Varietät
Italiano: 
Variétà non nativa
Portugués: 
Variedade não-nativa
Ruso: 
Иностранный вариант языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/variedade-non-nativa, con data de acceso 04/10/2024).