Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Corrección formal

Definición:

Propiedade coa que se expresa un discente, tanto na súa expresión oral como escrita. Contrasta coa fluidez (en inglés, fluency), é dicir, a facilidade de expresión do estudante. Dise que nas primeiras etapas do ensino da lingua estranxeira débese cultivar a fluidez para máis tarde prestar maior atención á propiedade no uso da linguaxe.

Bibliografía: 

Byrne, D. 1987. Techniques for Classroom Interaction. London: Longman.

Davies, P. & Pearse, E. 2000. Success in English Teaching. Oxford: Oxford University Press.

Hammerly, H. 1991. Fluency and Accuracy. Clevedon: Multilingual Matters.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Corrección formal
Inglés: 
Accuracy
Francés: 
Correction formelle
Alemán: 
Formale Genauigkeit
Italiano: 
Correttezza formale
Polaco: 
Poprawność formalna
Portugués: 
Correção formal
Ruso: 
Точность / правильность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/correccion-formal, con data de acceso 29/03/2024).