Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Corrector gramatical

Definición:

En aprendizaxe de linguas asistida por computador, función que vén incluída na meirande parte dos procesadores de texto dispoñibles no mercado e que non só comproba e corrixe certos aspectos ortográficos (como fan os correctores ortográficos), senón tamén cuestións morfosintácticas e de estilo (uso de artigos, voz pasiva, concordancia, puntuación, etc.). A pesar de que os procesadores de texto ao uso supoñen unha evidente axuda para o aprendiz de linguas estranxeiras, liberado de prestar atención á corrección de aspectos formais básicos tales como os erros ortográficos, en xeral, non están concibidos para a actividade pedagóxica, e a información que ofrecen ao discente adoita ser moi limitada, cando non equivocada. Isto ocorre especialmente no capítulo da corrección gramatical. Moitos procesadores adoitan identificar como erróneo o uso da voz pasiva en inglés, mesmo en casos nos que a pasiva sería a mellor opción.

Bibliografía: 

Beatty, K. 2010. Teaching and Researching. Computer-Assisted Language Learning. Oxon: Taylor & Francis.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Corrector gramatical
Inglés: 
Grammar checker
Francés: 
Correcteur grammatical
Alemán: 
Grammatikkorrekturprogramm
Italiano: 
Correttore grammaticale
Polaco: 
Korektor gramatyki
Portugués: 
Corretor gramatical
Ruso: 
Проверка грамматики
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/corrector-gramatical, con data de acceso 15/10/2024).