Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lectura rápida

Definición:

Técnicas empregadas para ensinar a ler de forma rápida e con maior comprensión. Os lectores rápidos fan menos movementos dos ollos porque len en unidades de sentido, de xeito que cada unidade está composta por varias palabras e cada unha delas é asimilada cunha soa fixación dos ollos. É máis rápido captar o sentido de dúas ou tres unidades maiores e xuntalas que facer o mesmo cun número grande de unidades máis pequenas. Deste xeito, canto máis grande sexa a unidade de sentido, máis fácil será converter o conxunto en mensaxes coherentes.

O estudante dunha segunda lingua é máis propenso a ler palabra por palabra porque non ten suficientes coñecementos da lingua como para saber formar unidades de sentido. Por esta razón é necesario dedicar moito tempo á práctica da lectura con textos de pouca dificultade. Coa práctica de lecturas simplificadas e adaptadas ao nivel de cada un apréndese a mover os ollos de modo máis eficaz e mellóranse os mecanismos de comprensión de palabras nun texto escrito. Dado que a falta de tempo non permite unha práctica suficiente da lectura na clase, pódese acudir á lectura extensiva.

Nalgúns cursos de lectura rápida utilízase unha máquina, chamada taquistoscopio, que permite ver rapidamente unha folla impresa a través dunha mirilla ou dispositivo que abre e pecha con rapidez. Os taquistoscopios empréganse tamén na investigación da percepción.

Algunhas utilidades da lectura rápida son:

  1. buscar ou identificar información específica como, por exemplo, un nome ou un ano; e
  2. obter as ideas principais do texto, co fin de manterse ao día dos últimos progresos nun determinado campo.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.

Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lectura rápida
Inglés: 
Rapid reading
Francés: 
Lecture rapide
Alemán: 
Schnelles Lesen
Italiano: 
Lettura rapida
Polaco: 
Szybkie czytanie
Portugués: 
Leitura rápida
Ruso: 
Быстрое чтение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lectura-rapida, con data de acceso 07/12/2024).