Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.
Tamén lectura subvocal.
A subvocalización durante a lectura implica articular os sons das palabras mentres a persoa está lendo e ás veces pronunciar as palabras en voz baixa; xa que logo, a lectura sublabial, á hora de interpretar o código escrito, pode ofrecer ao lector da L1 dun nivel elemental o apoio da lingua falada, coa cal está máis familiarizado. A lectura en voz alta é máis lenta que a lectura silenciosa porque os ollos se moven de forma máis rápida que a lingua. A subvocalización emprega case o mesmo tempo que a lectura en voz alta, o que non permite o desenvolvemento da lectura rápida. Algúns especialistas na aprendizaxe da lectura consideran que se debería evitar a lectura sublabial. Con todo, no caso do alumno dunha segunda lingua esta podería ser simplemente un síntoma da súa inseguridade na lingua e unha axuda da que se vale ata lograr unha maior competencia nesta destreza.