Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lectura en voz alta

Definición:

Acción de ler un texto en voz alta. Pódese levar a cabo comprendendo ou non o contido, aínda que evidentemente é preferible que o lector entenda o que está lendo. No ensino da lectura na L1 emprégase a lectura oral para avaliar a competencia lectora do alumno. No ensino da L2 utilízase este método para practicar e comprobar a pronuncia, aínda que algúns especialistas cuestionan a utilidade desta práctica polo feito de que as formas escritas poden interferir nunha pronuncia fluída e natural, sobre todo naqueles casos nos que a ortografía da lingua estudada non é estritamente fonética. Este é o caso do inglés, cuxa pronuncia varía de forma considerable con respecto á ortografía utilizada. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bestard Monroig, J. & Pérez Martín, C. 1982. La Didáctica de la Lengua Inglesa. Madrid: Edi-6.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lectura en voz alta
Inglés: 
Oral reading
Francés: 
Lecture à voix haute
Alemán: 
Lautes Lesen
Italiano: 
Lettura a voce alta
Polaco: 
Czytanie na głos
Portugués: 
Leitura em voz alta
Ruso: 
Устное чтение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lectura-voz-alta, con data de acceso 28/03/2024).