Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Escaneado

Definición:

Técnica de lectura rápida que utiliza o lector cando quere localizar certa información sen necesidade de entender o resto do texto ou pasaxe. Así, por exemplo, pódese ler o capítulo dun libro rapidamente para atopar información sobre unha data determinada. O escaneado é distinto da lectura superficial (en inglés, skimming). Esta última é unha técnica de lectura rápida que se emprega cando se quere obter a idea ou ideas principais dunha pasaxe. Así, por exemplo, realízase a lectura superficial do capítulo dun libro para saber se o escritor aproba ou condena algo. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.

Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Escaneado
Inglés: 
Scanning
Francés: 
Scanning
Alemán: 
Selektives Lesen
Italiano: 
Scanning/lettura schematica per verificare singoli elementi
Polaco: 
Scanning/ Czytanie selektywne
Portugués: 
Scanning
Ruso: 
Сканирование
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/escaneado, con data de acceso 25/04/2024).