Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Técnica de lectura

Definición:

A lectura implica unha variedade de destrezas e subdestrezas específicas que axudan ao alumno a entender o que le. Entre elas pódense mencionar as seguintes:

  1. recoñecer o alfabeto dunha lingua;
  2. deducir o significado e o uso de elementos léxicos descoñecidos;
  3. comprender a información que se comunica de xeito explícito e implícito;
  4. comprender o significado conceptual;
  5. entender o valor comunicativo das frases;
  6. ser consciente da cohesión entre as distintas partes do texto a través de elementos léxicos e gramaticais;
  7. identificar o significado principal ou a información importante;
  8. distinguir a idea principal dos detalles de menor relevancia;
  9. extraer de xeito selectivo os puntos máis importantes no texto;
  10. ler unha pasaxe de forma rápida coa intención de obter as ideas principais do mesmo; e
  11. ler un texto rapidamente co fin de atopar determinada información.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alderson, J. C. & Urqhuart, A. H. (eds.) 1984. Reading in a Foreign Classroom. London & New York: Longman.

Carrell, P.; Devine, J. & Eskey, D. 1988. Interactive Approaches to Second Language Reading. Cambridge: Cambridge University Press.

Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.

Urquhart, S. & Weir, C. 1998. Reading in a Second Language: Process, Product and Practice. New York: Addinson Wesley Longman.

Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Técnica de lectura
Inglés: 
Reading skills
Francés: 
Technique de lecture
Alemán: 
Lesetechniken
Italiano: 
Tecnica di lettura
Portugués: 
Competências de leitura
Ruso: 
Навыки чтения
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/tecnica-lectura, con data de acceso 15/09/2024).