Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lectura crítica

Definición:

A lectura crítica introduce unha dimensión social á perspectiva sobre a lectura. Cando un le deste xeito reacciona criticamente ante o contido do que está lendo, en lugar de centrarse en exclusiva na comprensión lingüística do contido do texto. Este enfoque require que o lector teña unha competencia lingüística adecuada ademais de certa concienciación ideolóxica, xa que ten que relacionar o material de lectura coas súas propias crenzas, percepcións e valores. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Grellet, F. 1981. Developing Reading Skills. Cambridge: Cambridge University Press.

Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lectura crítica
Inglés: 
Critical reading
Francés: 
Lecture critique
Alemán: 
Kritisches Lesen
Italiano: 
Lettura critica
Polaco: 
Czytanie krytyczne
Portugués: 
Leitura crítica
Ruso: 
Критическое чтение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lectura-critica, con data de acceso 04/10/2024).