Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Mapa Sociolingüístico de Galicia (MSG)

Definición:

Estudo cuantitativo no que se describe pormenorizadamente a situación sociolingüística galega tendo en conta catro dimensións: lingua inicial, competencia, usos, e actitudes lingüísticas. O primeiro Mapa Sociolingüístico de Galicia foi elaborado polo seminario de sociolingüística da Real Academia Galega grazas a un acordo coa Xunta de Galicia, e recolle os usos lingüísticos do país entre 1994 e 1996. O estudo estaba estruturado en tres volumes: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia (1994), Usos lingüísticos en Galicia (1995), e Actitudes lingüísticas en Galicia (1996). O MSG elaborouse a partir de máis de 38.000 enquisas, que proporcionaron a opinión dunha mostra representativa da poboación. No ano 2004 o seminario comezou o proceso de recollida de datos para a elaboración dun novo mapa sociolingüístico de Galicia. O primeiro volume deste novo mapa (Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia) foi publicado no ano 2007, e o segundo volume (Usos lingüísticos en Galicia) a principios do ano 2009. Os datos que proporciona o MSG constitúen unha ferramenta de grande utilidade para coñecer a situación actual do idioma.

Entradas relacionadas: 
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/mapa-sociolinguistico-galicia-msg, con data de acceso 19/04/2024).