Egido Gálvez, I. & Hernández Blasi, C. 1983. “El sistema educativo, profesorado y la reforma en la enseñanza.” Cuadernos de Pedagogía 210: 10-29.
Cada unha das unidades temporais nas que se organizan en España na actualidade as actividades de ensino-aprendizaxe, avaliación e recuperación nas diferentes etapas do ensino non universitario (Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria) e universitario. A LOMCE, do mesmo xeito que outras leis educativas que lle precederon, establece ciclos en todas as etapas educativas. Para a etapa da Educación Infantil prevé dous ciclos, de 0 a 3 anos e de 3 a 6. Con todo, non prevé divisións en ciclos na Educación Primaria, o que implica que cada curso posúe un carácter independente, e a promoción aos cursos seguintes dependerá dos logros alcanzados no anterior. Na LOMCE, a Educación Secundaria Obrigatoria consta de 2 ciclos, o primeiro de tres cursos e o segundo dun. En canto á Formación Profesional, tamén prevé unha serie de ciclos, de Formación Profesional Básica, que constitúe unha novidade destacada con respecto á LOGSE e ao que se accede desde o primeiro ciclo da ESO, de Grao Medio (Educación Secundaria) e de Grao Superior (Educación Superior). Os estudos universitarios, que se regulan polo RD 1393/2007 do 29 de outubro, modificado polo RD 861/2010, do 2 de xullo, sufriron unha importante modificación con respecto a modelos anteriores co fin de adaptarse ao Espazo Europeo de Educación Superior. Na actualidade prevense 3 ciclos: o primeiro, correspondente aos estudos de grao, que teñen unha carga académica de 240 créditos ECTS; o segundo, correspondente aos posgraos, que culminan coa obtención do título de Máster, que poden supoñer a obtención de entre 60 e 120 créditos; e o terceiro, referido aos estudos de doutoramento, con dúas etapas, unha de formación (que pode corresponderse cun Máster) e o traballo de investigación, que culmina nunha Tese Doutoral. En canto ao lugar das linguas estranxeiras nos distintos ciclos, a LOMCE prevé a introdución do seu ensino no segundo ciclo de Educación Infantil. Na etapa de Educación Primaria, prevese a obrigatoriedade de cursar unha primeira lingua estranxeira e unha segunda como opción dentro da categoría de "materias específicas", un esquema que se repite nos dous ciclos de Educación Secundaria. Os ciclos de Formación Profesional Básica e Media prevén a impartición dunha lingua estranxeira. Na Educación Universitaria, moitas universidades españolas inclúen a esixencia para a obtención do título de Grao de acreditar coñecementos dunha lingua estranxeira de nivel B1 (MECR) e mesmo superior.
MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1991. El Sistema Educativo Español. Madrid: CIDE-MEC.
Rey Chao, M. A. 1991. A Reforma educativa: Contribución a un debate. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.