MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1990a. Diseño Curricular Base. Educación Infantil. Madrid: MEC.
Primeira etapa do sistema educativo español establecido desde a aprobación da LOGSE. De carácter non obrigatorio, comprende as idades de 0 a 6 anos, e divídese en dous ciclos (⇒ ciclo): o primeiro, de 0 a 3 anos, e o segundo, de 3 a 6 anos. Na actualidade, unicamente o segundo ciclo ten carácter gratuíto. Tanto na Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE) como nas posteriores Lei Orgánica de Educación (LOE) e Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) o ensino dunha lingua estranxeira pasa a ser obrigatorio desde o primeiro curso da Educación Primaria; porén, poderá impartirse de xeito opcional na etapa de Educación Infantil sempre que os centros conten co profesorado adecuado. O Ministerio de Educación, así como as Consellerías de Educación das comunidades autónomas, están a estimular e incentivar proxectos e experiencias de introdución dunha lingua estranxeira nesta etapa. ⇒ tamén educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Lei Xeral de Educación (LXE), LOXSE, Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE), Lei Orgánica de Educación (LOE), Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE)
Rey Chao, M. A. 1991. A Reforma educativa: Contribución a un debate. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.