Jordán Sierra, J. A. 1994. La escuela multicultural. Un reto del profesorado. Barcelona: Paidós.
Proposta educativa cuxo fin é facer fronte ás situacións de diversidade cultural, cada vez máis frecuentes nas sociedades modernas, sobre todo como resultado dos movementos migratorios, considerándoas como un recurso e non só como un problema social. Entre os obxectivos xerais que se perseguen con este modo de entender a educación destacan tres:
- promover a igualdade de oportunidades sociais dos menores das minorías étnicas, aumentando a competencia destes na cultura dominante;
- fomentar o coñecemento e a valoración das diferenzas culturais como medio de combater a discriminación; e
- defender e desenvolver o pluralismo cultural na sociedade.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Juliano, D. 1993. Educación intercultural. Escuela y minorías étnicas. Madrid: Eudema.