Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre de 1990, de Ordenación General del Sistema Educativo, BOE núm 238, 04/10/1990.
Etapa educativa que no sistema español abrangue desde os 12 ata os 16 anos. Divídese en dous ciclos, e completa, tras a educación primaria, os dez cursos de ensino básico, común e obrigatorio establecido pola LOXSE. Os obxectivos xerais da ESO son formativos á vez que terminais e propedéuticos. Isto quere dicir que, ao terminar a etapa, e trala obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria ou, no seu defecto, unha acreditación dos estudos finalizados, o alumnado debe estar preparado para elixir entre dúas opcións: a incorporación ao mundo laboral ou o acceso ao seguinte nivel educativo (a Educación Secundaria Post-Obrigatoria). Do mesmo xeito que a etapa anterior (educación primaria), a ESO organízase en áreas de coñecemento. O tronco común está formado por una serie de áreas de ensino obrigatorio en toda a etapa (por exemplo, Lingua estranxeira). De acordo coa Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE), a partir do terceiro curso da ESO o alumnado pode elixir entre dous itinerarios: orientación técnico-profesional ou científico-humanística. A flexibilidade, a atención á diversidade e a interdisciplinariedade teñen cabida a través das materias optativas, transversais e tamén a través das adaptacións do currículo (por exemplo, a priorización ou eliminación dalgún elemento do mesmo). Unha segunda lingua estranxeira debe figurar como materia optativa.
Coa entrada en vigor da LOCE, A Educación Secundaria Obrigatoria abrangue catro cursos (dos 12 aos 16 anos), sendo a lingua estranxeira materia obrigatoria en todos eles. O alumnado poderá cursar materias optativas, dentro de cuxa oferta deberá incluirse unha segunda lingua estranxeira. O cuarto curso terá un carácter orientador e as materias poderán agruparse en diferentes opcións. Repítese curso con tres ou máis materias suspensas e, salvo excepcións, poderá repetirse un mesmo curso unha soa vez. Ao rematar os estudos de Educación Secundaria obterase o Título de Graduado en ESO. O alumnado que con 16 anos no obteña este título poderá incorporarse a programas de cualificación profesional inicial (PCPI). Estes programas permiten acadar competencias profesionais de nivel 1 ou obter o Título de Graduado en ESO.
Para rematar, coa LOMCE a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria organízase en materias y comprende dous ciclos, o primeiro de tres cursos e o segundo de un. En cuarto curso existen dúas modalidades: ensinanzas académicas e ensinanzas aplicadas. A primeira lingua estranxeira é materia troncal nas dúas opcións e en todos os cursos. Unha segunda lingua estranxeira forma parte do catálogo de materias específicas das que o alumnado deberá cursar un mínimo de unha e un máximo de catro. Ao rematar o cuarto curso, o alumnado realizará unha avaliación individualizada pola opción de ensinanzas académicas ou pola de ensinanzas aplicadas. Nesta avaliación final, cuxos contidos establecerá o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), comprobarase a consecución dos obxectivos da etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes. Obterá o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria o alumnado que teña superadas as probas específicas das materias da etapa e a avaliación final. Mantéñense as medidas de atención á diversidade previstas na LOE pero créanse programas para a mellora da aprendizaxe no primeiro ciclo da ESO e desaparecen os programas de cualificación profesional inicial (PCPI), sendo estes reemplazados pola Formación Profesional Básica, ciclos de dous anos de duración dentro dos cales a lingua estranxeira é unha materia obrigatoria pertencente ao bloque de Comunicación e Ciencias Sociais. O alumnado que supere un ciclo de Formación Profesional Básica recibirá un Título Profesional Básico, co que poderá acceder a ciclos de Formación Profesional de grao medio ou á proba para a obtención do Título de Graduado en ESO.
Ley Orgánica 10/2002, de 23 de diciembre, de calidad de la educación. BOE núm. 307, 24/12/2002.
Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. BOE núm. 106, 04/10/2006.
Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa, BOE núm. 295, 10/12/2013.
MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1989. Diseño Curricular Base. Educación Secundaria Obligatoria. 2 vols. Madrid: MEC.
MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1991. El Sistema Educativo Español. Madrid: CIDE-MEC.
MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1992. Lenguas Extranjeras (Secundaria Obligatoria). Madrid: MEC.
Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato.
Real Decreto 127/2014, de 28 de febrero, por el que se regulan aspectos específicos de la Formación Profesional Básica de las enseñanzas de formación profesional del sistema educativo, se aprueban catorce títulos profesionales básicos, se fijan sus currículos básicos y se modifica el Real Decreto 1850/2009, de 4 de diciembre, sobre expedición de títulos académicos y profesionales correspondientes a las enseñanzas establecidas en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
Rey Chao, M. A. 1991. A Reforma educativa: Contribución a un debate. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.