Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Tema transversal

Definición:

Tipo de contido interdisciplinar, é dicir, que non se imparte exclusivamente dentro dunha área, materia ou disciplina concreta. Os temas, eixos ou contidos transversais no son obxecto de ensino e avaliación como asignaturas independentes; sen embargo, teñen que estar presentes en tódalas materias, de xeito que calquera docente pode abordalos dentro da súa. Trátase de contidos de interese social, e que se refiren sobre todo a valores e actitudes. A LOXSE estableceu como exemplo de contidos transversales a Educación Moral e Cívica, a Educación Vial, a Educación Ambiental, a Educación do Consumidor, a Educación para a Paz, para a Saúde, e para a Igualdade de Sexos.

A introducción dun tema transversal nunha materia independente pódese levar a cabo mediante distintos procedementos, por exemplo, realizando unha actividade que consista en explotar un texto na lingua estranxeira sobre a sida ou a capa de ozono, ou unha actividade que implique a descrición de sinais de tráfico. Os temas transversais, tralos últimos cambios lexislativos, pasaron de constituir prioridades educativas tanto no ensino obrigatorio como no post-obrigatorio, a non ser mencionados explicitamente. Agora alúdese a "elementos transversais" (art. 10 do Real Decreto 126/2014) ou ao "tratamento transversal da educación en valores" (art. 121 da LOE-LOMCE o 28/11/2013 e publicado no BOE o 10/12/2013). A LOMCE é a cuarta reforma global do sistema educativo dende a Lei Xeneral de Educación de 1970. A súa aprobación tivo lugar no Congreso dos Deputados.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

González Lucini, F. 1994. Temas transversales y áreas curriculares. Madrid: Anaya.

Palos Rodríguez, J. 1998. Educar para el futuro: temas transversales del currículum. Bilbao: Desclée de Brouwer.

Reyzábal Rodríguez, M. V. & Sanz, A. I. 1995. Los ejes transversales. Aprendizajes para la vida. Madrid: Escuela Española.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Tema transversal
Inglés: 
Cross-curricular topic
Francés: 
Thème transversal
Alemán: 
Interdisziplinäres Thema
Italiano: 
Tema trasversale
Portugués: 
Tema transversal
Ruso: 
Междисциплинарная тема
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/tema-transversal, con data de acceso 20/04/2024).