MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1989. Diseño Curricular Base. Educación Secundaria Obligatoria. 2 vols. Madrid: MEC.
Principio metodolóxico que propicia que tanto o ensino de contidos como a consecución de obxectivos se leven a cabo mediante a colaboración das diferentes áreas curriculares, as cales deberán complementarse e reforzarse mutuamente; isto significa que os mesmos contidos e capacidades han de traballarse desde todas as áreas, xa que a integración disciplinar contribúe decisivamente ao desenvolvemento xeral e harmónico do alumno, á vez que asegura a funcionalidade do que este aprende. Por exemplo, a comprensión e produción de mensaxes orais e escritas é unha capacidade que debe ser desenvolvida de modo interdisciplinar, é dicir, mediante a súa exercitación en todas as áreas, e non só dentro das especificamente lingüísticas (Linguas Estranxeiras, Lingua Castelá, e, se é o caso, Lingua da Comunidade Autónoma).
MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1991. El Sistema Educativo Español. Madrid: CIDE-MEC.
Torres Santomé, J. 1994. Globalización e interdisciplinariedad: El currículum integrado. Madrid: Morata, 1996.