Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Interdialecto

Definición:

Sistema lingüístico que o falante non nativo dunha variedade crea ao comunicarse con falantes doutras variedades dunha mesma lingua, como, por exemplo, o inglés británico e o inglés americano. Este novo sistema lingüístico parece seguir en liñas xerais os mesmos pasos na súa formación que o sistema da interlinguaxe sobre todo no que se refire ao vocabulario. A modo de exemplo, un falante nativo de inglés británico podería dicir I work in casualty (“Traballo en urxencias”) e un falante nativo de inglés americano podería non entender a expresión ao descoñecer o significado da palabra casualty nese contexto, xa que no seu país se utiliza emergency no canto de casualty

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Selinker, L. 1992. Rediscovering Interlanguage. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Interdialecto
Inglés: 
Interdialect
Francés: 
Interdialecte
Alemán: 
Interimsdialekt
Italiano: 
Interdialetto
Polaco: 
Interdialekt
Portugués: 
Interdialeto
Ruso: 
Интердиалект
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/interdialecto, con data de acceso 07/02/2025).