Holmes, J. 1992. An Introduction to Sociolinguistics. London: Longman.
Elemento lingüístico que se realiza na fala por medio de distintas variantes semanticamente equivalentes. A súa frecuencia adoita mostrar algún tipo de correlación con características do contexto lingüístico (por exemplo, función gramatical ou contorna fonética) e trazos do falante (idade, sexo, clase social, etc.) e/ou da situación (por exemplo, grao de formalidade). Tradicionalmente os estudos de variación lingüística céntranse na análise de variables fonolóxicas, xa que a elevada frecuencia destas na fala fai máis significativos os datos cuantitativos que se obteñen. Unha das máis estudiadas en inglés é a consoante alveolar final en formas como cold o called. A súa presencia ou ausencia adoita depender sobre todo do contexto fonético seguinte (vocal, consoante ou pausa), da función gramatical da propia consoante (parte da raíz o morfema de pasado -ed) e do grao de formalidade do discurso. Outro exemplo é a marca verbal da terceira persoa do singular do presente habitual (por exemplo, en He works here), que en certas variedades no estándar do inglés pode non aparecer (He work here). As regras lingüísticas que tentan explicar estas variables denomínanse regras variables.
En español un fenómeno moi estudado no nivel fonolóxico é a aspiración ou perda do /s/ en posición implosiva en diferentes variedades xeográficas (por exemplo, do niña fronte a dos niñas). De xeito similar, no caso da lingua galega téñense feito detallados estudos sobre a gheada (a pronuncia alternativa do fonema /g/ como aspirado: amigo, amigho) e o seseo (o reemplazo do fonema fricativo dental /Ө/ polo fricativo alveolar /s/: facer, faser).
Un exemplo de estudos sobre variables lingüísticas en morfoloxía flexiva é a marca verbal da terceira persoa do singular do presente habitual en inglés (por exemplo, en He works here), que en certas variedades pode non aparecer (He work here). Pola súa banda, a variación do morfema de plural nos nomes rematados en –n en galego (cans, cas, cais) é un dos fenómenos aos que se recorre para delimitar xeográficamente os tres grandes bloques lingüísticos (occidental, central e oriental) nos estudos de dialectoloxía.
O nivel sintáctico, aínda que en menor medida, foi tamén obxecto de análise a través deste instrumento. Realizáronse, por exemplo, estudos de fenómenos como o “dequeísmo” en español (pienso que fronte a pienso de que) ou a negación múltiple en inglés (I don´t know nothing fronte a I don´t know anything ou I know nothing).
López Morales, H. 1993. Sociolingüística. Madrid: Gredos. 2ª edición.
Rotaetxe Amusategi, K. 1988. Sociolingüística. Madrid: Síntesis.
Trudgill, P. 1983. Sociolinguistics: An Introduction to Language and Society. Harmondsworth: Penguin.