Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Variable moderadora

Definición:

Tipo de variable independente elixida polo investigador co fin de determinar o grao en que afecta e como afecta á relación entre outra variable independente e a variable dependente. Por exemplo, poderíase estudar se a diferenza de sexo dos estudantes inflúe na relación entre unha variable independente (os anos de estudo do alemán como segunda lingua) e unha variable dependente (a competencia lingüística dos alumnos en alemán). Tanto se o resultado é positivo como negativo, o factor xénero exerce de variable moderadora na relación das outras variables.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Variable moderadora
Inglés: 
Moderator variable
Francés: 
Variable modératrice
Alemán: 
Moderator-Variable
Italiano: 
Variabile dovuta al moderatore
Portugués: 
Variável moderadora
Ruso: 
Ведущая переменная
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/variable-moderadora, con data de acceso 29/03/2024).