Sapir, J. 1997. The Use of Keyword and Linkword Techniques for Teaching Vocabulary in EFL. Institute of Education: University of London. (Tesis de Máster inédita).
En ensino de linguas, termo da L1 que o estudante / falante emprega como recurso consciente ou inconsciente para evocar outra palabra pertencente á lingua meta. Esta evocación lévase a cabo, xeralmente, mediante a asociación de ideas relacionadas co son da palabra clave en cuestión, o seu significado ou a situación determinada coa que ese estudante / falante adoita relacionar a devandita palabra. Así, por exemplo, un estudante cuxa L1 sexa o galego e que está tratando de aprender a palabra fiestra en francés (fenêtre) pode recorrer á asociación de sons, xa que neste caso as dúas palabras son formalmente moi semellantes, ou á asociación da palabra francesa fenêtre cunha determinada situación na que apareza o devandito obxecto (por exemplo, unha persoa abrindo unha fiestra para ollar unha magnífica paisaxe).
A técnica da palabra clave emprégase sobre todo no ensino do vocabulario como método de aprendizaxe alternativo á mera memorización de listas de palabras da L1 do estudante e da lingua meta.