Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Palabra intrusa

Definición:

Expresión utilizada para referirse a un tipo de actividade moi comunmente empregada no ensino do vocabulario. Preséntase ao alumno unha lista de palabras na que todas menos unha, a palabra intrusa, están relacionadas de acordo co seu significado. Por exemplo, presentamos a seguinte lista de palabras en inglés: apple (mazá”), orange (laranxa), banana (plátano), pear (pera), lettuce (leituga). A palabra intrusa ou distinta é lettuce (leituga), xa que o resto son froitas e esta é unha hortaliza. Con pequenas modificacións pode adaptarse tamén para o ensino da pronuncia. Así, por exemplo, pódese presentar unha lista de palabras aos estudantes na que teñen que identificar aquela que se pronuncia cunha vogal ou consoante distinta.

Exemplos: 

Presentamos a seguinte lista de palabras en inglés: apple (mazá”), orange (laranxa), banana (plátano), pear (pera), lettuce (leituga). A palabra intrusa ou distinta é lettuce (leituga), xa que o resto son froitas e esta é unha hortaliza.

Bibliografía: 

McCarthy, M. 1990. Vocabulary. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Palabra intrusa
Inglés: 
Odd word out
Francés: 
Mot intrus
Alemán: 
Ein-Wort-ist-falsch
Italiano: 
Parola intrusa
Portugués: 
Palavra intrusa
Ruso: 
Убрать лишнее слово
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/palabra-intrusa, con data de acceso 15/10/2024).