Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Oxford Test of English

Definición:

Exame de inglés xeral deseñado pola Universidade de Oxford que ata o momento certifica os niveis A2,  B1 e  B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER) delimitados nunha escala de 51 a 140 puntos. Esta proba realízase con computador e en liña nos centros examinadores autorizados, e cada parte ou módulo avalía unha das catro destrezas básicas do idioma: comprensión oral, comprensión escrita, expresión escrita e expresión oral. Algunhas peculiaridades que diferencian este exame doutros é a súa flexibilidade de formato, que permite completar os catro módulos nunha soa convocatoria ou facelos por separado segundo a preferencia da persoa candidata. Ademais, as preguntas dos módulos de comprensión escrita e oral adaptan progresivamente o seu nivel de dificultade ás respostas da persoa candidata o que permite unha avaliación máis obxectiva e  motivadora. O criterio de elección das preguntas nos módulos de expresión oral e escrita é aleatorio, o que resulta nun proceso avaliador máis individualizado.

Apéndice V.

Entradas relacionadas: 
Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Oxford Test of English
Inglés: 
Oxford Test of English
Ruso: 
Оксфордский тест по английскому языку
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/oxford-test-english, con data de acceso 07/12/2024).