Breen, M. P. 1987. "Contemporary Paradigms in Syllabus Design". Language Teaching 20/2: 81-93 & 20/3: 157-174.
Distinción ou dicotomía común no ámbito da aprendizaxe e didáctica de segundas linguas. Dise que certas técnicas ou metodoloxías poñen unha énfase maior no produto mentres que outras, pola contra, están máis interesadas no proceso; no entanto, é conveniente considerar estes dous conceptos como complementarios un do outro, máis que como polos opostos. No ámbito da expresión escrita as notas, composicións, cartas e demais representarían o produto final, mentres que as diversas fases que implican a realización desas tarefas escritas, como o xerar ideas, esbozar un guión do que se quere escribir, preparar un borrador, revisar e editar o borrador anterior, formarían parte do proceso da escritura. Esta dicotomía poderíase aplicar ao resto das destrezas lingüísticas e ata ao deseño curricular de programas onde contrastan, por exemplo, programas cuns obxectivos fixados de antemán con outros de carácter procesual que avogan por implicar ao alumno de forma directa no proceso de aprendizaxe, negociando co profesor os obxectivos do curso. Finalmente, é necesario sinalar que nos últimos anos houbo unha tendencia a favorecer e promover determinados procesos máis que preocuparse de forma exclusiva polos resultados obtidos. Na maior parte das ocasións é imprescindible combinar ambas as perspectivas.
McDonough, S. H. 1995. Strategy, Process and Skill in Language Learning. London: Edward Arnold.
White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.