Bennett Kastor, T. 1988. Analysing Children’s Language. Oxford: Blackwell.
Perspectiva que considera que a evolución lingüística e a social van ligadas, e que non pode entenderse a unha sen a outra. Os estudosos que defenden esta teoría da interacción fan fincapé no contexto social do desenvolvemento lingüístico e en como inflúen as relacións entre quen aprende unha lingua e aqueles con quen interactúa durante a adquisición da mesma. Esta perspectiva adoita opoñerse a un método lingüístico que defende que a adquisición dunha lingua pode entenderse a través da análise das expresións do alumno, independentemente do seu desenvolvemento cognitivo ou da súa vida social.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Pujol, M., Nussbaum, L. & Llobera, M. 1998. Adquisición de lenguas extranjeras: Nuevas perspectivas en Europa. Madrid: Edelsa.