Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe asociativa

Definición:

Aprendizaxe que se obtén ao establecer algún tipo de conexión entre dous ou máis elementos ou unidades. Así, por exemplo, a imaxe dun can tende a asociarse coa dun gato, xa que se trata de dous animais domésticos moi comúns. No campo específico do ensino de linguas, adóitase empregar como estratexia para a aprendizaxe do vocabulario. Por exemplo, o adxectivo inglés rich e o seu equivalente francés riche pódense asociar cos seus sinónimos well-off/wealth e aisé(e)/fortuné(e), ou cos seus antónimos poor e pauvre. O importante é que o discente relacione os dous elementos co fin de facilitar a súa aprendizaxe.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gagné, R. M. 1985. The Conditions of Learning. New York: College Publishing. 4th edition.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Aprendizaxe asociativa
Inglés: 
Associative learning
Francés: 
Apprentissage associatif
Alemán: 
Assoziatives Lernen
Italiano: 
Apprendimento associativo
Polaco: 
Nauka asocjacyjna
Portugués: 
Aprendizagem associativa
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-asociativa, con data de acceso 06/04/2020).