Deere, J. 1965. The Structure of Associations in Language and Thought. Baltimore: The John Hopkins Press.
Tamén significado connotativo.
O significado asociativo dunha palabra é o total dos significados que alguén lle atribúe cando a escoita. Polo tanto, inclúe a totalidade do que esa palabra suxire ou implica para un determinado falante. Neste sentido oponse ao significado denotativo, que fai referencia estrictamente ao significado léxico conceptual dunha palabra, xa que o significado asociativo abrangue os diferentes trazos semánticos, emocionais e de carácter valorativo, así como os matices estilísticos que o individuo atribúe ao devandito termo.
O significado asociativo dun elemento léxico pode abarcar áreas de diferente extensión dentro do corpus léxico dun individuo, é dicir, pode chegar a ser bastante extenso, poñendo esa palabra en relación con outras coas que, aparentemente ou por razóns de pertenza a un campo semántico diferente, non tería por que estar relacionada. O significado asociativo estúdase en lingüística e en psicolingüística.
Lyons, J. 1981b. Language, Meaning and Context. London: Fontana.
Mwihachi, A. 2004. Meaning as use: a functional use of semantics and pragmatics. Swahili Forum 11:127-139
Putnam, H. 1984. El significado de significado. México: Universidad Nacional Autónoma, Instituto de Investigaciones Filosóficas.