Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe por asociación de pares

Definición:

Técnica de aprendizaxe baseada nun tipo de exercicio utilizado sobre todo na aprendizaxe verbal que explota as relacións asociativas entre diferentes unidades léxicas para facilitar a súa memorización por parte dos alumnos. Sirva de exemplo o seguinte, no que se presentan dúas series de termos organizados en columnas para que os aprendices establezan relacións de asociación entre distintos pares de palabras e constrúan frases con elas:



bolígrafo

temperatura

música

coche

libro

papel

reloxo

situación

estudante

hotel

luxoso

interesante

negro

sumerxible

agradable

insostible

elevada

intelixente

reciclado

convertible

Entre outras combinacións ou asociacións cos termos anteriores, o alumno podería facer as seguintes:

Bolígrafo-negro; reloxo-sumerxible; papel-reciclado; coche-convertible; libro-interesante; música-agradable; temperatura-elevada; estudante-intelixente; coche-luxoso; situación-insostible

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gagné, R. M. 1985. The Conditions of Learning. New York: College Publishing. 4th edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aprendizaje por asociación de pares
Inglés: 
Paired-associate learning
Francés: 
Apprentissage par association des paires
Alemán: 
Paarassoziationslernen
Italiano: 
Apprendimento per associazione di coppie
Polaco: 
Nauka asocjacyjna
Portugués: 
Aprendizagem por associação de pares
Ruso: 
Обучение методом ассоциативного мышления
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-asociacion-pares, con data de acceso 05/11/2024).