Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe na selva

Definición:

Aprendizaxe informal que ten lugar na contorna social diaria onde se desenvolve a persoa que fala unha segunda lingua. O termo “na selva” provén de Hutchins (1975), quen utilizou a expresión “cognición na selva” para referirse á interacción entre a cognición humana e a súa contorna. Este tipo de aprendizaxe prodúcese no país onde se fala a lingua meta. Por exemplo, Eskildsen e Theodórsdóttir (2015) crearon un espazo de aprendizaxe nun pobo de Islandia, onde bancos e cafés locais participaron no proxecto. Aos estudantes entregábaselles un “pasaporte” para tomar notas, unha app para gravar, fotografías e un manual con instrucións. O profesor explicaba previamente en clase aspectos como a pronunciación, e logo os alumnos saían ao entorno real (o pobo) para falar na L2 cos locais. As interaccións gravábanse e subíanse á nube. Máis tarde, de regreso na aula, analizábanse e comentábanse as devanditas interaccións. É un tipo de aprendizaxe informal que conecta a aula co mundo real.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Eskildsen, S. W. & Theodórsdóttir, G. 2017. "Constructing L2 learning spaces: Ways to achieve learning inside and outside the classroom". Applied Linguistics 38/2: 143-164.

Hutchins, E. 1975. Cognition in the Wild. Massachusetts: MIT Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aprendizaje en la selva
Inglés: 
Learning in the wild
Francés: 
Apprentisage en milie naturel
Alemán: 
Lernen in freier Wildbahn
Italiano: 
Apprendimento in natura
Portugués: 
Aprendizagem na natureza/em ambiente natural
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-selva, con data de acceso 15/12/2025).