Camacho Martí, M. 2011. “Mobile Learning: aproximación conceptual y prácticas colaborativas emergentes". UT. Revista de Ciències de l’Educació 2011/2: 43-50.
A aprendizaxe móbil ou aprendizaxe electrónica móbil (en inglés m- learning ou mobile learning) é unha metodoloxía de ensino que se apoia no emprego de pequenos aparatos móbiles, tales como teléfonos, tabletas, iPods, PocketPCs, ou outros dispositivos de man que dispoñan de conectividade inalámbrica. Ao empregar tecnoloxía móbil, este tipo de aprendizaxe se enmarca dentro do denominado u- learning (ubiquitous learning ou aprendizaxe ubicuo), que é aquela aprendizaxe que, mediante as novas tecnoloxías, se pode levar a cabo en calquera momento e lugar. A aprendizaxe electrónica móbil difire da aprendizaxe tradicional nas súas posibilidades para ofrecer formación personalizada, portátil, cooperativa, interactiva e contextualizada, e pode resultar tamén moi motivadora para o alumnado.
Relacionadas con este tipo de aprendizaxe atópanse as denominadas aplicacións móbiles (apps ou mobile apps en inglés), que son todas aquelas ferramentas informáticas que están deseñadas para ser empregadas en dispositivos móbiles, tales como tabletas ou teléfonos intelixentes. Ditas aplicacións, gratuítas ou de pago, poden descargarse a través das plataformas de distribución de compañías como Android ou iOS, e teñen múltiples usos no ámbito educativo, tanto para o profesorado (organización e xestión da aula, creación de contidos audiovisuais, etc., por exemplo, Wunderlist, Teacherkit ou Socrative) como para o alumnado (toma de apuntamentos, almacenamento de arquivos, creación de presentacións ou gravacións, etc., por exemplo, Notz, Dropbox, Keynote, Soundcloud ou Vimeo).
Hoxe en día existe unha grande variedade de aplicacións móbiles orientadas á aprendizaxe de linguas. Entre as máis populares atópanse, por exemplo, Duolingo, Rossetta Stone, Memrise ou Busuu, ademais doutras como HelloTalk, que conecta aos aprendices con falantes nativos da lingua que queren aprender e favorece os intercambios lingüísticos entre pares (cada persoa aprende unha lingua á vez que ensina a outro a súa propia), Clozemaster, que aplica a gamificación á aprendizaxe de linguas, ou Beelinguapp, que emprega como base para a aprendizaxe a lectura e escoita de textos literarios.
Norton, J. 2014. "How students can use mobiles to learn English". Voices Magazine (British Council): https://www.britishcouncil.org/voices-magazine/teaching-tips-how-students-can-use-mobiles-to-learn-english
Santiago, R.; Trabaldo, S.; Kamijo, M. & Fernández, A. 2015. Mobile Learning. Nuevas Realidades en el Aula. Barcelona: Digital-Text.
Segev, E. 2014. "Mobile learning: improve your English anytime, anywhere". Voices Magazine (British Council): https://www.britishcouncil.org/voices-magazine/mobile-learning-improve-english-anytime-anywhere