Larsen-Freeman, D. & Long, M. 1991. An Introduction to Second Language Acquisition Research. London; New York: Longman.
Rexistro escrito xeralmente de forma retrospectiva onde se recollen aspectos da propia conduta ou dun comportamento alleo. No campo da investigación educativa o seu emprego é moi frecuente como instrumento de recollida de datos. Os chamados estudos de diarios teñen como obxecto a investigación sobre os procesos de ensino ou aprendizaxe dunha L2 a partir dos datos recolleitos nun diario en primeira persoa, xa sexa dun profesor ou dun aprendiz. A principal característica dun estudo deste tipo é que se apoia en datos introspectivos, sobre estratexias de aprendizaxe, factores afectivos ou percepcións persoais, que normalmente resultan invisibles e por tanto inaccesibles a un observador externo. No ensino de linguas, os estudantes poden manter de forma periódica un diario da súa propia aprendizaxe onde van anotando os seus progresos así como as dificultades coas que se atopan. En ocasións, o diario pode servir como medio de reflexión introspectiva do aprendiz sobre a súa propia aprendizaxe e como instrumento de autoavaliación. O profesor pode ter acceso a eses diarios e, dese xeito, avaliar as reflexións dos aprendices sobre o seu propio proceso de aprendizaxe. Isto pode resultar de grande axuda, porque permite que o profesor coñeza en profundidade as inquedanzas e dificultades de cada aprendiz e posibilita, en consecuencia, que os docentes atendan ás necesidades de aprendizaxe das que, doutro xeito, non terían coñecemento.
McDonough, J. & Shaw, C. 1994. Materials and Methods in ELT. Oxford: Blackwell.
McKay, S. L. 2006. Researching Second Language Classrooms. Mahwah: Lawrence Erlbaum Associates.