Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística aplicada crítica

Definición:

Enfoque crítico que cuestiona os presupostos teóricos subxacentes a diferentes eidos da lingüística aplicada, de tal maneira que se poñen en evidencia as relacións entre a lingüística aplicada e diferentes aspectos sociais, culturais e políticos. Trátase de facer explícitas a ideoloxía, a dimensión política e as relacións de poder nas distintas áreas de estudo da linguaxe, tales como o ensino de linguas, a avaliación, a análise do discurso, a política lingüística, a planificación lingüística, a tradución, e os dereitos lingüísticos dos falantes. Os obxectivos que se perseguen son: (i) entender e explicar como se constrúe e exercita o poder a través da linguaxe; e, (ii) cambiar as prácticas e dar voz e poder ás persoas que se atopan en risco debido ás prácticas opresoras.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Pennycook, A. 2001. Critical Applied Linguistics: A Critical Introduction. Mahwah, NJ: Lawrence Erlbaum.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lingüística aplicada crítica
Inglés: 
Critical Applied Linguistics
Francés: 
Linguistique appliquée critique
Alemán: 
Kritische Angewandte Linguistik
Italiano: 
Linguistica applicata critica
Portugués: 
Linguística aplicada crítica
Ruso: 
Критическая прикладная лингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica-aplicada-critica, con data de acceso 15/10/2024).