Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Análise crítica do discurso

Definición:

Enfoque interdisciplinar do estudo do discurso que considera a linguaxe como unha forma de práctica social, tamén coñecida como ACD, ou CDA, en inglés. A análise crítica do discurso desvela os procesos ideolóxicos que se esconden no uso da linguaxe escrita e falada para outorgar o poder a determinados grupos sociais en detrimento doutros. Preténdese ir máis aló do estudo meramente formal da lingua, ao afirmar que a relación entre signo lingüístico e función non é arbitraria, senón que se ve influída por razóns ideolóxicas, é dicir, por factores sociais, culturais e políticos. No campo do ensino de linguas, a lingüística crítica promove entre o alumnado a análise da lingua, desde unha perspectiva socio-cultural, a capacidade de pensamento crítico, e o cambio social fóra da aula.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Blommaert, J. 2005. Discourse: A Critical Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.

Bloor, M. & Bloor, T. 2007. The Practice of Critical Discourse Analysis: An Introduction. London: Hodder Arnold.

Fairclough, N. 2003. Analysing Discourse: Textual Analysis for Social Research. London: Routledge.

Fairclough, N. 2010. Critical Discourse Analysis: The Critical Study of Language. Harlow: Longman.

Van Dijk, T. A. 2008. Discourse and Power. Houndsmills: Palgrave.

Wodak, R. & Meyer, M. (eds.) 2009. Methods of Critical Discourse Analysis. London: Sage.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Análisis crítico del discurso
Inglés: 
Critical discourse analysis
Francés: 
Analyse critique du discours
Alemán: 
Kritische Diskursanalyse
Italiano: 
Analisi critica del discorso
Portugués: 
Análise crítica do discurso
Ruso: 
Критический дискурс-анализ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/analise-critica-discurso, con data de acceso 25/04/2024).