Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Pensamento crítico

Definición:

Proceso mediante o que se utiliza a intelixencia e o coñecemento para chegar de  forma efectiva ao punto de vista máis xustificado e razoable sobre un tema e tomar unha decisión axeitada. O pensamento crítico implica conceptualizar, analizar, sintetizar e/ou avaliar a información obtida a través da observación, a reflexión, o razoamento, ou a comunicación, evitando prexuízos cognitivos, e tendo en conta todas as perspectivas sobre un mesmo punto. Hoxe en día se considera que o profesorado debe axudar ao alumnado a desenvolver as habilidades relacionadas co pensamento crítico, de tal maneira que o discente pode avaliar e mellora a súa forma de aprender. Ao mesmo tempo, a práctica do pensamento crítico permite expandir a experiencia de aprendizaxe de forma que lle resulte máis significativa ao discente.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Carroll, R. T. 2005. Becoming a Critical Thinker: A Guide for the New Millennium. Boston, MA: Pearson Learning Solutions.

Davidson, B. 1998. “A case for critical thinking in the English language classroom”. TESOL Quarterly 32: 119-123.

 Richard, P. & Elder, L. 2006. Critical Thinking Tools for Taking Charge of Your Learning and Your Life. New Jersey: Prentice Hall Publishing.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Pensamiento crítico
Inglés: 
Critical thinking
Ruso: 
Критическое мышление
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/pensamento-critico, con data de acceso 07/12/2024).