Connor, U. 1996. Contrastive Rhetoric. Cross-Cultural Aspects of Second-Language Writing. Cambridge: Cambridge University Press.
Área de estudo dentro da lingüística aplicada, desenvolvida sobre todo en Estados Unidos desde finais da década dos 60 do século pasado, que se ocupa dos procesos e problemas que implica a escritura nunha segunda lingua. Partindo dunha concepción da linguaxe, e da comunicación escrita en particular, como fenómeno cultural, a retórica contrastiva entende que cada lingua posúe convencións estilísticas particulares e modos propios de estruturar o discurso. A análise comparativa das pautas retóricas características de distintas culturas e xéneros textuais permite unha maior comprensión da interferencia da primeira lingua no proceso de escritura nunha segunda lingua. Trátase, polo tanto, dunha área de extraordinaria relevancia en ámbitos como a tradución ou no ensino de linguas.
Fernández Polo, J. 1999. Retórica contrastiva. Santiago: Universidade de Santiago.
Grabe, W. & Kaplan, R. B. 1996. Theory and Practice of Writing. London: Longman.