Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Retraso da linguaxe

Definición:

Ausencia da linguaxe á idade na que se debía producir ou desenvolvemento lento na adquisición da fala. Distínguese normalmente entre retraso leve (ausencia de determinadas consoantes ou vogais en certos grupos silábicos, ou redución do sistema consonántico), retraso moderado (maior redución de patróns fonolóxicos que no caso anterior, uso de escasas preposicións, ausencia de subordinación e estruturas de frases simples), e retraso grave (gran redución de patróns fonolóxicos, fala telegráfica, conversa centrada no propio individuo, área do significado pequena en cantidade e calidade).

Bibliografía: 

Crystal, D. & Varley, R. 1998. Introduction to Language Pathology. London: Whurr Publishers Ltd. 4th edition.

Peña Casanova, J. 1988. Manual de logopedia. Barcelona: Masson.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Retraso de lenguaje
Inglés: 
Language retardation
Francés: 
Retard de langage
Alemán: 
Spracherwerbsverzögerung
Italiano: 
Ritardo del linguaggio
Portugués: 
Atraso da linguagem
Ruso: 
Задержка языкового развития
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/retraso-linguaxe, con data de acceso 24/03/2025).