Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lateralidade

Definición:

Tamén chamada dominancia cerebralDistribución asimétrica nos dous hemisferios cerebrais das funcións motoras, sensoriais ou intelectuais que unha persoa pode desempeñar. As investigacións que se realizan neste campo tratan de determinar, por unha banda, a localización física das zonas predominantes para cada función (movemento do corpo, linguaxe, olfacto...), e, pola outra, se existe unha predisposición xenética a un maior dominio do hemisferio esquerdo, que regula e controla directamente o lado dereito do corpo. Como existe unha norma social moi arraigada a favor dos destros, os reforzos positivos da familia e da escola favorecen desde moi cedo a especialización destra. Cómpre advertir que unha excesiva insistencia en contra dunha lateralidade natural zurda pode provocar certos trastornos de conduta como, por exemplo, a tartamudez. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Auzias, M. 1990. Niños diestros, niños zurdos. Madrid: Aprendizaje Visor, DL.

Bloch, H. (dir.). 1992. Gran Diccionario de Psicología. Madrid: Ediciones del Prado.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lateralidad
Inglés: 
Lateralization
Francés: 
Latéralisation
Alemán: 
Lateralität
Italiano: 
Lateralizzazione
Polaco: 
Lateralizacja
Portugués: 
Lateralização
Ruso: 
Латерализация
Entrada anterior / seguinte:
LAD
LE >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lateralidade, con data de acceso 03/12/2024).