Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Rango

Definición:

Termo empregado en lingüística sistémica para referirse ao feito de que as diferentes unidades sintácticas se dispoñen nunha orde xerárquica determinada dentro de toda secuencia. Cada unidade dentro desa xerarquía ocupa un lugar inferior ou superior con respecto ás demais unidades da mesma, de tal xeito que as unidades superiores están formadas por outras inferiores e viceversa, as unidades inferiores forman parte doutras que ocupan unha posición superior na xerarquía.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Halliday, M. A. K. 1978. Language as Social Semiotic: The Social Interpretation of Language and Meaning. London: Edward Arnold.

En estatística, índice de variabilidade que indica a distancia entre a puntuación máis alta e a máis baixa dunha distribución.

Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Henning, G. 1987. A Guide to English Language Testing. Cambridge, Mass.: Newbury House.

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Patton, M. Q. 1990. Qualitative Evaluation and Research Methods. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Rango
Inglés: 
Rank
Francés: 
Rang
Alemán: 
Rang
Italiano: 
Rango
Portugués: 
Ordenação
Ruso: 
Звание / ранг
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/rango, con data de acceso 18/04/2024).