Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Razoamento dedutivo

Definición:

En investigación, unha análise dedutiva require a formulación previa dunha hipótese que constitúe o marco teórico xeral para comezar a recompilar datos e observacións específicas que permitan aceptala ou rexeitala. A análise indutiva, pola contra, é aquela na que o investigador parte de observacións ou datos particulares para extraer patróns xerais. As investigacións de tipo cuantitativo tenden a ser dedutivas, e as de tipo cualitativo, indutivas; con todo, na práctica, ambas as perspectivas adoitan combinarse: é o chamado método hipotético-dedutivo. Consiste en extraer conclusións xerais a partir de casos concretos e formular unha hipótese, para máis tarde proceder á validación empírica da mesma, recorrendo a novas observacións particulares.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Nunan, D. 1992. Research Methods in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Patton, M. Q. 1990. Qualitative Evaluation and Research Methods. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. 2nd edition.

Stern, H. 1992. Issues and Options in Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.

No ensino de linguas, un estudante recorre ao razoamento dedutivo cando se enfronta á tarefa da aprendizaxe dunha lingua contemplándoa como un problema que debe resolverse mediante a aplicación de regras ou principios.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Stern, H. 1983. Fundamental Concepts of Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.

Ur, P. 1998. Grammar Practice Activities. Cambridge: Cambridge University Press.

Na composición pode presentarse un argumento recorrendo a dous tipos de estratexias cognitivas: o razoamento dedutivo ou o razoamento indutivo. O razoamento dedutivo vai dos feitos xerais aos particulares nos que aqueles se basean, mentres que o razoamento indutivo consiste en pasar dos feitos particulares ás xeneralizacións sobre os mesmos.

Bibliografía: 

Ur, P. 1998. Grammar Practice Activities. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Razonamiento deductivo
Inglés: 
Deduction
Francés: 
Déduction. Raisonnement déductif
Alemán: 
Deduktives Schließen
Italiano: 
Deduzione
Portugués: 
Raciocínio dedutivo
Ruso: 
Дедукция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/razoamento-dedutivo, con data de acceso 19/09/2024).