Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Método hipotético-dedutivo

Definición:

No desenvolvemento do método científico, formulación ou derivación de hipóteses partindo dunha teoría previa. As hipóteses explicativas dos fenómenos observados son posteriormente comprobadas de forma dedutiva contrastándoas cos datos que se posúen. A refutación de calquera das hipóteses de partida supón o rexeitamento dunha parte importante da teoría, a cal ha de ser corrixida. No campo do ensino de linguas, un ensino dedutivo da gramática implica proporcionar ao estudante, por medio dunha explicación explícita, unha regra gramatical que despois el mesmo haberá de comprobar na práctica por medio de tarefas, exercicios, etc. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alcaraz Varó, E. 1990. Tres paradigmas de la investigación lingüística. Alcoy: Marfil.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Método hipotético-deductivo
Inglés: 
Hypothetical-deductive method
Francés: 
Méthode hypothético-déductive
Alemán: 
Hypothetisch-deduktive Methode
Italiano: 
Metodo ipotetico-deduttivo
Polaco: 
Metoda hipotetyczno-dedukcyjna
Portugués: 
Método hipotético-dedutivo
Ruso: 
Гипотетико-дедуктивный метод
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-hipotetico-dedutivo, con data de acceso 07/02/2025).