Alcaraz Varó, E. 1990. Tres paradigmas de la investigación lingüística. Alcoy: Marfil.
Conxunto de principios e procedementos empregados no estudo do coñecemento, tales como:
- a formulación dun problema concreto;
- a elaboración dunha hipótese que explique o problema;
- a recollida de datos sobre ese problema coa axuda da observación e/ou a experimentación;
- a comprobación e confirmación da hipótese elaborada con anterioridade de acordo cos datos recollidos; e finalmente,
- a posta en relación das conclusións co corpo de coñecementos científicos xa existentes.
Poden distinguirse, en xeral, dous grandes tipos de métodos científicos: o método científico-indutivo e o método hipotético-dedutivo. Algúns investigadores teñen posto en dúbida a pertinencia do método científico na investigación sobre ensino e aprendizaxe de linguas ao cuestionar que o ensino sexa unha ciencia e propoñen outros métodos máis tradicionais de investigación.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: